Aena Club

Aena Club icon

Que é Aena Club

É un club de fidelización gratuíto cuxo obxectivo consiste en premiar a fidelidade dos nosos pasaxeiros que utilizan os aparcamentos e instalacións comerciais dos aeroportos españois.

Nesta plataforma queremos ofrecer aos nosos clientes as mellores vantaxes.

>Só por ser membro gozarás de:

  • Beneficios permanentes nos servizos de Aparcamento e Servizos VIP e acceso ilimitado a Wifi Premium.
  • Descontos ou promocións puntuais de todos os aeroportos, de tendas, restaurantes, rent a car, etc. Incluídos descontos adicionais a outros beneficios por ser membros do club.
  • Servizos de Pagamento por Móbil do Aparcamento, onde poderás pagar desde o teu móbil a estancia nos nosos aparcamentos dunha maneira rápida, segura e sen baixares do coche.
  • Servizo de Pagamento por Matrícula de Aparcamento, onde ao chegar ao aparcamento se abrirá a barreira automática á entrada e á saída. A túa chegada e saída quedarán rexistradas e farase o cobro de maneira automática.

Se queres saber máis, podes consultar todos os Servizos e Beneficios nos seus correspondentes apartados do menú superior.

Como funciona

E ademais...

Se descargas a App oficial de Aena terás unha experiencia 360º e poderás gozar de vantaxes só dispoñibles nela. Dispoñible en Google Play e Apple Store.

E goza de todo o que este club che ofrece!