Comeza elixindo un plan

Escolle a opción que mellor se adapte ás túas necesidades

Para obter máis información, visite o noso comparador de plans

Preguntas Frecuentes

Para realizares o rexistro desde a web:

  1. Preme na ligazón “ASÓCIATE”. Tamén é posible darse de alta desde a app de Aena, en calquera dos portais de Aena Market ou no portal de reservas do aparcamento.
  2. Cubre o formulario cos diferentes campos solicitados e indica un correo válido para realizares o rexistro.
  3. Unha vez cubertos todos os campos, recibirás un correo electrónico de confirmación (agás no caso de inscricións feitas a través da Web de Reservas), para activar a túa conta nun máximo de 24 horas. Se non recibes este correo, por favor, contacta connosco.

Aena Club é un club de fidelización totalmente gratuíto na súa modalidade básica. Podes obter vantaxes e descontos adicionais se contratas algún dos plans de pagamento dispoñibles.

Actualmente non existen tarxetas físicas nin dixitais, aínda que existe un QR que podes consultar no teu perfil. Para identificarte como usuario de Aena Club e beneficiarte dos diferentes servizos e descontos, abonda con iniciar sesión como membro na web ou app de Aena ao contratar os diferentes servizos, ou ben coa matrícula do teu coche ao acceder ao aparcamento.