Aparcamento desde Baleares

icon-advantage-parking-icon

Vantaxes por ser socio de Aena Club

Desconto con reserva

parking-with-booking-icon

Desconto de 10% sobre todos os prezos de reserva a través da web.

Non compatible con 10% de desconto por reservas a través da APP.

Descontos sen reserva

rent-parking-without-booking

20% de desconto no Aparcamento Xeral dos aeroportos de Mallorca, Menorca e Ibiza para voos entre illas do arquipélago balear.

10% de desconto tanto se voas a outro destino como se utilizas os nosos aparcamentos e non escaneas a tarxeta de embarque.

Desconto aplicable exclusivamente sen reserva previa sobre o prezo de tarifa, máximo 1 día gratis por estancia.

Como funciona

Reserva Previa

parking-advance-reservation-icon

Para beneficiarte do desconto de 10% tes que identificarte como socio e facer a reserva na páxina https://www.aenaparking.com

O desconto aplicarase sobre todos os prezos dispoñibles na web. independentemente do teu destino.

Lembra que os descontos de Aena Club Cliente non son acumulables entre si.

Acceso e estacionamento

parking-access-and-parking-icon

Acceda ao aparcamento do seu aeroporto de orixe e colla o tícket na barreira de entrada. Os dispositivos do aparcamento lerán a súa matrícula, que quedará rexistrada no tícket de acceso. Deste xeito identificarémolo como socio do Club.

Se aparca sen reserva previa, debe dirixirse aos seguintes puntos:

Se voa desde Palma de Mallorca, deberá de aparcar no Aparcamento Xeral ou no Aparcamento Preferente.

Se voa desde Menorca, deberá de aparcar no Aparcamento Xeral.

Se voa desde Ibiza, deberá de aparcar no Aparcamento Xeral.

Regreso e pagamento

parking-return-and-payment-icon

Dispón de varias formas de aplicar o seu desconto para pagar a súa estancia:

Caixeiro automático: Se accediches sen reserva previa: Introduza o seu tícket de aparcamento no caixeiro (só se pode pagar nos caixeiros indicados como Aena Club Cliente). Este tícket terá impresa unha matrícula e deberá de coincidir coa rexistrada no seu perfil de usuario. Deseguido, escanee a súa tarxeta de embarque e aplicarase automaticamente o desconto correspondente. O máximo período gratuíto será de 1 día por estancia. Se a súa tarxeta de embarque non dispón de código de lectura ou dese erro, acuda á caixa manual.

Se realizou reserva: o tícket deberá ter impresa a matrícula do seu vehículo, o caixeiro automático identificará a reserva asociada e aplicará o desconto correspondente.

Caixa manual: Acuda á caixa manual onde se comprobará que pertence a Aena Club Cliente. Para obter o seu desconto, acredita a súa ruta coa súa tarxeta de embarque de regreso. O persoal faralle unha fotocopia e aplicará o desconto correspondente. O máximo período gratuíto será de 1 día por estancia.

Poderás solicitar factura no apartado 'as miñas compras' se se trata dunha estancia con reserva previa ou de calquera estancia de aparcamento pagada co servizo de Pagamento Por Móbil ou do servizo de Pagamento Por Matrícula. En calquera outro caso, envía un mail a aenaaparcamientos@aena.es e dinos en que aeroporto aparcaches.

Como funciona o pagamento móbil