activities.close.button.aria.label
activities.close.button.aria.label
attractions.error.msg.required
general.form.date.origin
general.form.date.end
skyscanner.origin.placeholder
skyscanner.destination.placeholder
general.form.date.delete.button
Compara os nosos plans
Hai un plan para cada tipo de viaxeiro. Explora as vantaxes de cada un e elixe o prezo que mellor se axuste ás túas necesidades.
-
0€
-
75€ /trimestral
-
295€ /trimestral
BÁSICO
|
PLUS
|
VIP
|
|
---|---|---|---|
0€
|
75€
/trimestral
|
295€
/trimestral
|
|
Na reserva da túa praza de aparcamento segundo o teu Plan. Ademais, premiámoste cun desconto adicional de 5% se reservas cun vehículo de 0 emisións. |
5%*
|
15%*
|
20%*
|
Mellorando a túa experiencia para gozares da túa viaxe antes de voar.No caso do Plan VIP, terás os teus accesos dispoñibles na túa área persoal, válidos para a Península e Baleares. |
|
|
|
Axilizando o teu acceso ao control de seguridade.No caso do Plan Plus/VIP, terás os teus accesos dispoñibles para Península e Baleares na túa área persoal. Consulta aeroportos dispoñibles na sección de Servizos VIP |
|
|
|
En compras online de accesos adicionais ou regala aos teus acompañantes a posibilidade de vivir unha experiencia exclusiva contigo, mercando accesos adicionais aos servizos VIP (Salas VIP e/ou Fast Lane/Fast Track) |
|
|
|
Aproveita as promocións exclusivas para socios do club na compra en tendas e restaurantes. Consulta a sección de Aena Market |
|
|
|
Plan Básico
Aproveita os descontos e vantaxes de ser socio de Aena Club completamente gratis.
Se es viaxeiro ocasional descubre os nosos descontos no aparcamento do aeroporto, na compra de accesos aos nosos Servizos VIP (Fast Lane/Fast Track e Salas VIP).
E descubre outras promocións exclusivas que temos para ti.
Plan Plus
Se viaxas con frecuencia, podes contratar este Plan para mellorar as túas vantaxes e conseguir maiores descontos no aparcamento do aeroporto e nos nosos Servizos VIP (Fast Lane/Fast Track e Salas VIP).
Ademais podes aproveitar os beneficios exclusivos deste Plan para aforrar tempo nos accesos ao filtro de seguridade do aeroporto cos teus 10 accesos dispoñibles de Fast Lane/Fast Track.
Ademais recibirás outras promocións exclusivas que temos para ti.
Plan VIP
Se viaxas con frecuencia, podes contratar este Plan para mellorar as túas vantaxes e conseguir maiores descontos no aparcamento do aeroporto e nos nosos Servizos VIP (Fast Lane/Fast Track e Salas VIP).
E para gozar dunha experiencia de viaxe exclusiva, benefíciate deste Plan, con 10 accesos para Salas VIP, ademais dos teus 10 accesos de Fast Lane/Fast Track.
Ademais recibirás outras promocións exclusivas que temos para ti.
Preguntas Frecuentes
Para realizares o rexistro desde a web:
- Preme na ligazón “ASÓCIATE”. Tamén é posible darse de alta desde a app de Aena, en calquera dos portais de Aena Market ou no portal de reservas do aparcamento.
- Cubre o formulario cos diferentes campos solicitados e indica un correo válido para realizares o rexistro.
- Unha vez cubertos todos os campos, recibirás un correo electrónico de confirmación (agás no caso de inscricións feitas a través da Web de Reservas), para activar a túa conta nun máximo de 24 horas. Se non recibes este correo, por favor, contacta connosco.
Aena Club é un club de fidelización totalmente gratuíto na súa modalidade básica. Podes obter vantaxes e descontos adicionais se contratas algún dos plans de pagamento dispoñibles.
Actualmente non existen tarxetas físicas nin dixitais, aínda que existe un QR que podes consultar no teu perfil. Para identificarte como usuario de Aena Club e beneficiarte dos diferentes servizos e descontos, abonda con iniciar sesión como membro na web ou app de Aena ao contratar os diferentes servizos, ou ben coa matrícula do teu coche ao acceder ao aparcamento.
Como membro de Aena Club, poñemos a disposición dos socios do club a posibilidade de beneficiarte das vantaxes que che ofrece a tarxeta de crédito emitida por Bankinter Consumer Finance, E.F.C., S.A. (solicitar tarxeta), ofrecendo aos seus titulares unha serie de beneficios adicionais nos servizos de Aena, unha vez que teñan realizado con ela tres operacións de consumo. Ademais de premiarche polas compras realizadas coa tarxeta nos establecementos e terminais de venda de Aena e noutros establecementos do Aeroporto vencellados ao programa Fidelización (ver condicións).
O titular da tarxeta Enjoy Premium terá que presentar o QR identificativo dos 2 accesos anuais dispoñibles que lle corresponden ao entrar na Sala VIP de Aena para a súa validación. Con este QR anual, poderá aplicarse o desconto do 50% unicamente aos acompañantes de titulares que presenten o devandito QR asociado á tarxeta Enjoy Premium mediante o pagamento coa Tarxeta Enjoy Premium na compra que se realice no mostrador da propia sala VIP. *Ten en conta que en caso de adquirir unha tarxeta e se contratas unha subscrición de pago Plus ou VIP, o acceso aos Servizos VIP acumularase na modalidade de subscrición. (Poderás ver os QR da túa subscrición na web de servizos VIP ( https://serviciosvip.aena.es/vip/es, accedendo á túa conta no apartado “As miñas compras”). Os descontos da tarxeta ENJOY Aena non son acumulables aos da túa subscrición, aínda que se aplicará o máis alto (o máis vantaxoso para o usuario).
Algunha dúbida máis?