Coa Tarxeta Enjoy, as vantaxes adicionais que che ofrece Aena coa adquisición da tarxeta activaranse a partir da terceira compra realizada. Comunicaranse nun prazo máximo de 5 días a través do correo electrónico. Se non recibes o correo na túa bandexa de correo de entrada, consulta a túa bandexa de correo non desexado ou podes iniciar sesión na web de Aena club e acceder a través de A Miña conta/O Meu Plan* aos teus códigos QR de acceso aos Servizos VIP asociados á tarxeta. Se non ves os teus QR asociados ao Plan Enjoy ( 2 fastlane) ou Enjoy Premium ( 6 fastlane , 2 accessos Salas Vip), ponte en contacto con
clubcliente@aena.es.
O titular da tarxeta Enjoy Premium terá que presentar o QR identificativo dos 2 accesos dispoñibles que lle corresponden ao entrar na Sala VIP de Aena para a súa validación. Con este QR anual, poderá aplicarse o desconto do 50% unicamente ao acompañante de titulares que presenten o devandito QR asociado á tarxeta Enjoy Premium mediante o pagamento coa Tarxeta Enjoy Premium na compra que se realice no mostrador da propia sala VIP.
*Ten en conta que en caso de adquirir unha tarxeta e se contratas unha subscrición de pago Plus ou VIP, o acceso aos Servizos VIP acumularase na modalidade de subscrición. (Poderás ver os QR da túa subscrición na web de servizos VIP ( https://serviciosvip.aena.es/vip/es, , accedendo á túa conta no apartado “As miñas compras”). Os descontos da tarxeta ENJOY Aena non son acumulables aos da túa subscrición, aínda que se aplicará o máis alto (o máis vantaxoso para o usuario). Os descontos de Aparcadoiro nas reservas online e nas compras adicionais de Servizos VIP aplicaranse unha vez que inicies sesión en función da modalidade de tarxeta escollida "Enjoy" ou "Enjoy Premium" que figura no teu perfil de "A miña conta". Podes consultar todas as vantaxes dos servizos de Aena na seguinte páxina:
https://www.aena.es/es/landing/tarjeta-bancaria.html